Non era sen tempo! Por fin están listas as fotos da festa deste ano, sentimos o retraso, pero é q organizar unha festa coma esta dá o seu traballo, je, je! Aí vai un adianto, están no álbum de fotos.
Este blog é para que os que vos achegades ano tras ano (ou por primeira vez) ata Sarandón para disfrutar da nosa festa teñades a oportunidade de dar a vosa opinión e facer comentarios e suxerencias sobre a festa do viño. Dende aquí, quedades todos/as convidados/as á Exaltación do Viño da Ulla que se celebrará o segundo domingo de abril de cada ano, se non hai novidade.