jueves, 21 de enero de 2010

Onde estamos?


Estamos preto de Santiago de Compostela, preto do Concello da Estrada, de Padrón e Boqueixón, entre outros. Poñendo San Miguel de Sarandón, Vedra, A Coruña en Google maps obteredes as indicacións necesarias para chegar á festa, o campo da festa está ó lado da fábrica de madeira Maderas C. Lata.

miércoles, 13 de enero de 2010

30 Edición da Exaltación do Viño da Ulla

Queridos/as amantes do viño da Ulla,

Un ano máis a comisión de festas de San Miguel de Sarandón comprácese en levar a cabo a celebración desta gran festa para todos vós. Este ano creamos este blog para que todos/as poidades deixar os vosos comentarios nel sobre a festa ou facer suxerencias sobre a celebración da mesma. Esperamos que sexa do voso agrado e lle deades uso.
Agardamos vervos o segundo domingo de abril en Sarandón para disfrutar do viño da Ulla e divertirse connosco.

Un saúdo cordial da comisión de festas.